PÁXINA DE RECURSOS | En castellano ► | |||||||||||||
|
Imaxe
orixinal |
Recorte (suprímese parte dos píxeles) |
Reflexo
horizontal |
Remostraxe (cambia o número de píxeles) |
Axustes tonais
Forman este grupo o resto de operacións posibles sobre a imaxe: as que afectan aos valores dos píxeles existentes, mantendo a sua posición e tamaño. Certamente, nalgúns casos está máis craro que noutros. Un exemplo: cando clonamos unha parte da imaxe noutra zona, poderíamos discutir se estamos trasvasando píxeles ou valores de píxel, pero o debate sería intrascendente.
En xeral, os axustes tonais non afectan ao tamaño informático da imaxe. Son a excepción aqueles cambios de modo que aumentan ou diminuen a profundidade de bits. Tampouco adoitan ser reversibles, así que se as decisións non son o suficientemente atinadas como para levarnos ao resultado apetecido, as sucesivas manipulacións das tonalidades poden degradar a información, até o ponto de obrigarnos a comezar de novo.
Cabe distinguir, por outra banda, dous tipos de axustes tonais: os que modifican os valores do píxel independentemente da sua posición (mellora global), e os que teñen en conta os valores dos píxeles veciños (mellora local). No primeiro grupo, están os axustes básicos relacionados co histograma: Niveis, Brillo, Contraste, Umbral, Ecualizar, Curvas, Posterizar, Inverter, etc. En calquera deles, dous píxeles de igual valor terán idéntico resultado.
A mellora local define arredor de cada píxel unha máscara
ou zona continua que abrangue os píxeles veciños ate unha determinada
distancia. Cos valores destes píxeles fanse determinados cálculos
que dan o novo valor para o píxel central. A execución dos cálculos
para toda a imaxe, nos que dous píxeles idénticos poden obter
diferente resultado segundo o seu contorno, denomínase filtrado. A
variedade de filtros disponibles é moi ampla, aínda que podemos
destacar varias familias, como os filtros de enfoque, desenfoque ou distorsión.
Imaxe
tratada con curvas. Os cambios dependen do valor de píxel, non da sua situación |
Filtro
"Máximo" con valor de radio 2. Cada píxel adopta, canle por canle, o valor máximo entre os seus veciños |
Un pouco de orde
É común nas rutinas de traballo profesionais separar o dimensional do tonal, ocupándose primeiro dun deles e despois do outro. Cando se tratan fotografías para traballos diversos de impresión, adoitase comezar por reencadrar e dimensionar. É lóxico descartar primeiro as partes da imaxe que non interesan, para que non influan nun posterior axuste de niveis. Sen embargo, cando se procesa unha sesión de fotos co mentes de facer versións para o visionado e impresión a diferentes tamaños, o habitual é resolver os axustes tonais nun máster, para non facelos máis que unha vez, e definir as dimensións ao facer copias para cada cousa. No que semella haber unanimidade é en deixar para o final o uso de filtros de enfoque para o realce dos detalles. A máscara de enfoque, por exemplo, é moi flexible, pero produce fácilmente cambios drásticos a partir dos que se fai difícil prever o efecto de novos axustes.
Outra situación típica é a preparación de imaxes para a web. Adoitan darse tanto un reencadre por recorte como unha forte reducción do tamaño en píxeles. Neste caso, pode ser proveitoso reencadrar ao primeiro pero deixar a remostraxe para o remate, xa que os axustes tonais sacan moito máis partido dunha imaxe con bastante información e os filtros de enfoque tamén. O suavizado que produce unha remostraxe forte pode contrarrestarse moito máis eficazmente cunha máscara de enfoque previa que cunha posterior. Postos a afinar, de todos os xeitos, unha boa estratexia é aplicar sistemáticamente a máscara antes e de maneira más suave despois.