PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►

 

CURVAS DE AXUSTE. EXEMPLOS PRÁCTICOS

No artigo anterior vimos cómo funcionan as curvas e o grao de control que proporcionan á hora de mellorar a relación tonal dunha imaxe dixital. Posto que a variedade de situacións nas que esta ferramenta nos pode aportar solucións inmediatas é moi ampla, adicamos esta segunda parte a amosar un pequeno repertorio de trazados típicos.

Nos seguintes exemplos veremos os trazados habituais cos que se mellora o contraste, aclaran ou escurecen indistintamente as sombras, luces ou tonalidades medias. Pero non nos conformaremos con isto: tamén botaremos unha ollada a outros trazados cos que se poden acadar os resultados que ofrecen outras ferramentas de axuste máis sinxelas e coñecidas.
Algúns efectos son tan obvios, que seguramente non nos decataremos do rápidamente que se realizan con curvas de axuste ata que os vexamos. Velaí os exemplos, expostos en valores de luz e escala de grises para unha máis doada interpretación:

q
Imaxe orixinal sen axustar.
q
Aclarar os tonos medios (gamma positivo)
Mellórase detalle nas zonas escuras a costa de comprimir algo as claras. Ao non mover os extremos, non afecta ao contraste entre os píxeles máis claros e máis escuros da imaxe.
q
Escurecer os tonos medios (gamma negativo)
Mellórase detalle nas zonas claras a costa de comprimir algo as escuras, sen que se vexa afectado o contraste global.
qq
Aclarar recortando negros
Comprime a gama tonal, facendo a imaxe máis pálida. É axeitada para superpoñer un texto ou outro elemento escuro.
q
Escurecer recortando brancos
Comprime a gama tonal, facendo a imaxe máis apagada. Axeitada para superpoñer algo en tonos luminosos.
q
Aclarar liñalmente
Tal como acontece co comando Brillo, todos os píxeles aumentan a súa luminosidade na mesma medida, polo que os máis claros acumúlanse no branco máximo.
q
Escurecer liñalmente
Equivale ao comando Brillo, pero con valores negativos. Pode acumular píxeles en negro.
q
Contrastar recortando valores de entrada
Pode recuperar valores extremos non ocupados, o mesmo que coa ferramenta Niveis.
q
Agrisar recortando valores de saída
Reduce os valores posibles de saída, o mesmo que cos reguladores secundarios da ferramenta Niveis.
q
Reducir a dous valores
Equivale ao comando Umbral. Pode determinarse o nivel de corte aliñando verticalmente os dous extremos da curva.
q
Facer unha imaxe de alto contraste
Menos drástico que o comando Umbral, define unha transición rápida de branco a negro.
q
Anular negros sen afectar ao resto da imaxe
Móvese o extremo da curva a outra posición, pero na diagonal. Os píxeles máis escuros empástanse no nivel de gris onde os deixamos.
q
Anular brancos sen afectar ao resto da imaxe
Só modifica os píxeles máis claros, establecendo un límite máximo menor de 255.
q
Invertir
O que entra negro sae branco, e viceversa.
q
Contrastar descomprimindo os tonos medios
Unha das opcións máis utilizadas. Mellora o detalle a costa dos píxeles máis claros e escuros, pero sen queimalos.
q
Aclarar compensando os tonos medios
Suprime os valores escuros, procurando non perder moito detalle nas zonas medias.
q
Escurecer compensando os tonos medios
Suprime os valores máis claros, recuperando detalle nas zonas medias.
q
Solarizar
Invirte as zonas máis escuras da imaxe.
q
Metalizar
Unha curva en forma de "M" pode axudar a imitar os reflexos metálicos.
q
Posterizar
Pódese facer unha simulación do comando Pasterizar mediante o trazado de segmentos horizontais.

O anterior exemplo require en Photoshop un pouco máis de destreza que os anteriores, xa que para facer os trazos hai que usar o lápis virtual, empregar a tecla maiúsculas para que sexan rectos e guiarse polos valores numéricos, que non se poden escribir directamente. En cambio, o programa Photo-Paint, de Corel, si que ofrece un estilo de curva poligonal co que podemos situar sen problema puntos de inflexión (léase vértices), como nesta última mostra:

q

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►