PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►

AXUSTE CON CURVAS. AGÁRRENSE!

Se hai unha ferramenta que agradecemos pola axuda que nos presta á hora de acadar nas fotos ese particular punto de contraste e gradación, é a curva de axuste. Preséntase como un gráfico de eixos X-Y que representa os valores de luminosidade dos píxeles antes do axuste (na base) e os valores de saída (no lateral esquerdo). Trátase, simplesmente, de modificar a posición dunha liña diagonal que indica para cada valor de entrada o valor de saída que lle corresponde.

Nalgúns programas, a ferramenta Curvas é só un regulador para escurecer ou aclarar as tonalidades medias. Noutras aplicacións como Photoshop ou Photo-Paint, pola contra, é unha ferramenta tan versátil que pode facer todo o que fan os outros comandos de axuste -e aínda máis-.

Nestas versións tan completas, pódese traballar indistintamente nunha escala de valores de luz (de 0 a 255), que é o habitual en RGB, ou de tinta (de 0 a 100%), se pensamos na impresión. En Photoshop, cámbiase dunha escala a outra premendo na doble flecha da barra inferior.

En porcentaxes de tinta, pode resultar máis cómodo que a cadrícula se estructure en 10 partes, e non en catro. Para isto, pulsamos a tecla Alt e facemos clic dentro do cadrado.

c

Cadro de curvas en valores de luz (esquerda) e de tinta

Tamén podemos axustar a luminosidade dos píxeles (RGB) ou cada unha das canles. A diagonal inicial indica a igualdade dos valores de entrada e saída, como se fose unha función matemática. Só temos que pulsar nela e arrastrala para crear un novo nodo e iniciar a transformación, ben de xeito intuitivo co rato ou introducindo valores numéricos.
¿Cáles son as vantaxes que ofrece este sistema fronte a outros comandos como Brillo e Contraste? Desprazando o punto central de 50 a 25 (en valores de tinta), os outros valores varían menos canto máis perto dos extremos de branco e negro se está. Evítase deste xeito a acumulación de píxeles nos límites. Neste caso, aclaramos as tonalidades medias baixando a curva. Se a mirásemos en valores de luz, simplesmente a levaríamos cara arriba.

c

Máis interesante aínda é a posibilidade de incidir de distinto xeito en diferentes niveis da imaxe. Os píxeles con valores comprendidos entre A e B (entrada) saen cun rango tonal máis reducido (saída), polo que esta zona sae perxudicada polo axuste. Por outra banda, os píxeles entre B e C melloran o rango tonal porque se lles asignan máis valores de saída. En suma, onde a curva se fai máis horizontal, estamos comprimindo o rango tonal, e donde se fai máis vertical descomprimímolo, ampliando así o contraste e mellorando o detalle.

c

Os cinco reguladores do comando Niveis teñen o seu equivalente na ferramenta Curvas: os movementos A e B realizan o recorte de negros e brancos; C e D supoñen o recorte dos niveis de saída; E máis F, finalmente, equivalen a escurecer ou aclarar as tonalidadess medias co deslizador gris.
De todos os xeitos, moitas tomas só precisan un rápido axuste que resulta máis doado e rápido de realizar coa opción Niveis. E é que son poucos os programas que amosan no comando Curvas o perfil do histograma para avaliar o recorte.

c

Un par de casos prácticos

Partimos dunha imaxe que ten os tonos medios algo escuros, como pode apreciarse no histograma. Mesmo se a vemos moi ben de valoren na pantalla, podería interesarnos aclarala un pouco para imprimila, xa que no papel verémola algo máis escura e opaca.

c c

Ista é a típica situación para un toque de gamma positivo:

c c

Tamén é frecuente, ao escanear copias positivas, que se perda detalle nos grises máis ben escuros pero que o resto da imaxe estea correcta:

c

Nestes casos, é moi útil recorrir a unha curva en dous pasos: en primero lugar, levantamos con decisión a curva perto do extremo escuro, ata que apreciamos claramente o detalle nas zonas de sombra:

c c

Como este movemento estraga as zonas de luz, creamos un segundo nodo na curva e achegámolo ao primeiro, de xeito que frene o efecto na parte alta:

c c

Máis posibilidades: xogar coa cor

Un uso típico da ferramenta Curvas canle por canle é o de compensar unha dominante de cor. No exemplo fixemos o contrario: provocar unha dominante vermella subindo os valores da zona media en R:

c
c c

Isto máis a variedade de trazados posibles dan moito xogo á experimentación. Poden acadarse rápidos efectos de cor probando diferentes curvas nas canles:

c c

Outra posibilidade é trazar a curva "a man alzada" co lápis. Ao facelo, chama a atención que a liña se vaia borrando por enriba e por baixo da zona na que debuxamos o trazo, dividíndoa en anacos soltos.

c c

A explicación é sinxela: ao programa podemos pedirlle que dous valores de entrada distintos teñan o mesmo valor de saída, pero a un valor de entrada non podemos asignarlle dous diferentes de saída (o programa non ten criterio para dividir o grupo de píxeles). Deste xeito, podemos trazar curvas en forma de N, pero non en forma de Z. Noutras palabras, non pode haber dous puntos da curva aliñados verticalmente.

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►