PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►


COLOREAR POR ZONAS

Despois de comparar diferentes maneiras de abordar a transformación dunha imaxe monocroma a outra a toda cor, describiremos con detalle un proceso de coloreado que segue unha secuencia lóxica. Aplicaremos primeiro cores locais a partir de zonas seleccionadas, e remataremos engadindo matices de tonalidades variadas en determinados puntos, du xeito más solto, para que o resultado sexa máis natural e expresivo .

Ningunha estratexia é tan boa como para que a apliquemos sistemáticamente a calquera imaxe. Neste caso, sen embargo, imos expoñer a técnica de coloreado que nos parece máis versátil, á vista das ferramentas de que dispoñen neste intre os programas de edición.

Seleccionar
Dividiremos o proceso en duas partes: a primeira delas consistirá nun coloreado por zonas, previa selección e valéndonos da flexibilidade das capas de axuste. Posteriormente, superpoñeremos unha capa en modo Cor que nos servirá para aportar localmente pinceladas de diferentes tonalidades.

c

A maior parte do tempo teremos que dedicarllo aos preliminares, isto é, a trazar con coidado unhas boas seleccións para definir cada zona :

c

Cada unha das seleccións gárdase como canle. Ao rematar, teremos unha colección de canles que se poden recuperar como selección.

c

Cor local con capas de axuste
Unha vez completada esta fase e levada a fotografía ao modo RGB, recuperamos unha das seleccións, arrastrando a canle ao primeiro símbolo da paleta.

c

Coa selección activa, creamos unha capa de axuste. Neste caso, eleximos Ton/saturación, aínda que en ocasións tamén son útiles Cor sólida, Degradado, Equilibrio de cor ou Corrección selectiva.

c

A capa de axuste créase automáticamente cunha máscara que limita a sua acción á selección activa.

c

Aquí habilitouse en Ton/saturación a casiña Colorear, coa finalidade de aplicar un valor de ton de 34 e baixar a saturación a 30. O brillo raras veces hai que tocalo. Se se fai, hai que ir con coidado, porque ao variar a escala de grises subxacente nótase fácilmente a alteración.

c

Con cada canle gardada recuperamos a selección e facemos unha nova capa de axuste para dar cor. En pouco tempo, completamos a primeira fase.

c

Mapa de degradado
Algunhas zonas poden pedir unha coloración máis complexa que a que proporciona unha única capa de axuste. Como exemplo, aquí levamos arriba de todo a capa de axuste das mans (Ton/saturación 2), e creamos enriba unha capa de axuste de Mapa de degradado. No canto de ter unha selección activa, aceptamos calquera degradado e agrupamos a capa coa anterior (Control+G). Deste xeito, a máscara de capa serve para as duas.

c

Cun único axuste de Ton/saturación, a cor das mans era demasiado monocroma e con certa tendencia violácea. Para enriquecela editamos agora o degradado, facendo doble clic na sua miniatura da paleta capas. Creamos deste xeito un degradado personalizado, xogando con tres cores diferentes. Nas duas máis densas baixamos un pouco a opacidade.

c

Como se trata de matizar as cores lixeiramente, a opacidade da capa Mapa de degradado báixase ata un punto adecuado, neste caso o 33%. Este tipo de combinación de capas pode valer para solucionar situacións complexas, como colorear o iris dos ollos en primeiros planos.

c

Retoques a pincel
Como paso final, creamos enriba de todas as capas unha nova, en modo Cor. Cun pincel ben blando e suave (10% de dureza e de opacidade), demos algunhas pinceladas rosadas nos dedos, vermellas na sombra das mans, douradas no reverso e nos trastes do mastro, verdosas na moneca, as cordas e as sombras sobre a guitarra barroca; azul celeste na luz da manga e o relosio, e violeta no metal do atril.

c

Estes últimos toques son discrecionais e rápidos. Non hai que descartar o uso de duas capas: unha en modo Ton e outra en modo Cor. A primeira serviría para introducir cores sen afectar á saturación, mentras que as pinceladas na de Cor realzan tamén esta última.

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►