TÉCNICAS DE COLOREADO
Un dos traballos de laboratorio máis interesantes da fotografía química era colorear copias en branco e negro. Poida que o principal mérito estivese en superar as tremendas dificultades técnicas e as limitacións impostas polos propios productos químicos. Co formato dixital non hai límites á cor, e calquera mal paso é recuperable. Con todo, colorear unha foto antiga dixitalizada segue a ser un labor que require paciencia, destreza e un método craro .
Para obter unha imaxe a cor a partir dunha escala de grises, primeiro hai que cambiar o modo a RGB ou a outro que admita unha paleta de cores suficientemente ampla. Ao cambiar o modo a imaxe non sofre modificacións aparentes, pero fai posible que lle apliquemos diferentes tonalidades. Para procurar esta finalidade tamén hai varias opcións e técnicas.
Imonos centrar, ademáis, no que chamamos imaxes a toda cor, deixando á parte aquelas posibilidades que non deixan de ser monocromas (virados a sepia e outros tons, por exemplo) e outras variantes (duotonos ou tritonos).
Colorear a pelo
Na prehistoria do retoque fotográfico non había capas, nin transición, nin tampouco modos de fusión variados. Somente había a posibilidade de retroceder un paso no proceso, e as opcións eran, evidentemente, poucas.
A técnica máis primitiva consistía en empregar a opacidade do pincel para aplicar a cor:
O principal inconveniente é que sempre tiñamos como resultado un termo medio entre o que tiñamos e a cor que aplicábamos. Ao insistir para ir aproximando a cor final, o claroscuro orixinal íase perdendo, sobre todo nos negros e nos brillos:
Matizar con Transición
Cando o comando Transición de Photoshop, ademáis de estar disponible para rectificar filtros, estivo tamén para axustes de ton e recheos as cousas xa foron máis sinxelas. Xa non había que tantear primeiro a opacidade da pincelada. Era máis rápido encher primeiro coa cor de referencia:
E axustar, a continuación, a porcentaxe na transición:
Outra vantaxe engadida e importantísima consiste en empregzar o modo de fusión Cor, que non altera a luminosidade orixinal. Isto significa que se pode volver a encher con outra cor diferente sen degradar os datos, ou ben axustar o ton con comandos como Tono-Saturación antes de desactivar a selección da zona.
Canles e capas
O uso de canles e capas supuxo outro paso adiante en canto a flexibilidade. As canles poden gardar as seleccións de cada zona para recuperalas máis tarde, mentras que as capas permiten separar as aportacións de cor, mantendo intactos os datos de partida.
Seleccionando unha zona concreta nunha capa en modo Cor pódese encher, axustar a opacidade, o ton, a saturación ou mesmo introducir con pinceladas matices doutras tonalidades, que é cando realmente se pode aproximar un coloreado a unha toma real a cor. Ademáis, podemos rectificar en calquera intre, e a selección pode asociarse coa capa como máscara de visibilidade.
Unha opción recente que está dando moi bos resultados son as Capas de asuste asociadas a un axuste tonal. Hai varios comandos moi interesantes para asignar e variar localmente a cor dunha fotografía, como Equilibrio de cor, Tono-Saturación e Corrección selectiva. Para acadar certos efectos dispoñemos mesmo das opcións Recheo de cor, Mapa de degradado ou Filtro de fotografía.
O control sobre o ton que se pode conseguir combinando nunha capa de axuste a visibilidade (coa máscara de capa), a opacidade global, o modo de fusión de capa e os propios parámetros do axuste é enorme en comparación coas técnicas anteriores.
Neste caso xogámos un pouco con todas as posibilidades para acadar un efecto menos uniforme:
A limitación que presentan as capas de axuste é que, por definición, non gardan datos de imaxe, senón datos de modificación. Non podemos, por tanto, aplicar sobre elas pinceladas de cores diversas. Para iso teríamos que recorrer a outras capas ordinarias en modo Cor, Ton ou Superpoñer.
Ainda que se tende a empregar sempre o modo Cor, os outros dous que citamos tamén son interesantes. Imos comparalos, superpoñendo unha capa chea de cián a unha foto:
|
|
Orixinal |
Capa superposta
en modo Cor |
|
|
Capa superposta
en modo Superpoñer |
Capa superposta
en modo Ton |
En modo Cor mantense a luminosidade orixinal, mais o tintado afecta visiblemente a toda a imaxe. En modo Superpoñer conservan os valores orixinais canto máis próximos estean aos extremos da escala, en cada canle, polo que o tintado afecta menos ás altas luces, os negros e os tons intensos. O modo Ton, por último, mantén a luminosidade e tamén a saturación do orixinal, polo que os cambios son menores nas zonas neutras e visibles nas intensas.
Escolleremos por tanto o modo de fusión idóneo para colorear, dependendo de qué características do orixinal queiramos conservar ou variar. No próximo artigo, precisamente, detallaremos un proceso de coloreado por zonas combinando varias destas técnicas.
|