PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►


BRILLO E CONTRASTE: DUAS FERRAMENTAS BÁSICAS

Os mandos de control de brillo e contraste son probablemente os máis intuitivos para moitos de nós. Nos máis dos casos, son sustituidos por outras ferramentas como Niveis ou Curvas, que apresentan unha maior variedade de opcións, pero non hai por qué descartalas. O seu funcionamiento é moi claro, e observándoo entendemos mellor cómo interactuar co histograma e cómo funcionan outros comandos máis complexos.

b
O brillo e o contraste son parámetros básicos cos que estamos familiarizados, xa que unha modificación en calquera deles supón normalmente un cambio visible na imaxe. Calquera comando de axuste tonal incide nestas propiedades, mais sempre haberá algunha ocasión na que o máis sinxelo e directo sexa manexar a ferramenta específica, sobre todo cando o histograma nos permita unha marxe de movemento.

Variar o brillo
A imaxe de partida (abaixo) ten ben pouco contraste e unha luminosidade media. Co comando Brillo, podemos variar os valores do histograma liñalmente, isto é, todos os píxeles sofren a mesma variación en termos absolutos, dentro dos límites do histograma.

b
b

Comezamos cun axuste de brillo de valor +40, e vemos que todos os píxeles pasan a ser 40 valores máis craros.

b
b
b

Neste caso, a operación é reversible, dado que case non había na imaxe píxeles craros e, polo mesmo, un segundo axuste de brillo de valor -40 tería que devolvernos prácticamente o orixinal. Pero vexamos qué pasaría aplicando un aumento de brillo de valor +90.

b
b
b

Os píxeles a menos de 90 valores do límite quéimanse, acumulándose no valor branco. Isto si que non é reversible se gardamos os cambios. Vexamos cómo ao aplicar de seguido o valor contrario, -90, o programa non ten datos para desagrupar os píxeles acumulados.

b
b
b

Variar o contraste
O comando Contraste separa ou xunta os grupos de píxeles a partir do valor medio 127. Partimos agora dunha imaxe que só ten 6 píxeles, de valores 125, 126, 127, 128, 129 e 130. O seu histograma son 6 columnas iguais, xusto no centro da gama.

b

Ao aplicar un contraste de +50, o intervalo vale a metade dos valores ocupados, así que as columnas pasan a estar nos valores 122, 124, 126, 128, 130 e 132.

b
b

Se en troques de +50 indicamos un valor de +90, o intervalo sería o 90% da gama ocupada, así que cada dous grupos haberá un intervalo de 9 valores sen ocupar, e os píxeles valen 98, 108, 118, 128, 138 e 148. Os valores de contraste altos tamén pueden acumular píxeles, se se acadan os extremos do histograma.

b
b

O contraste de valor negativo comprime o rango tonal xuntando grupos de píxeles. Se á primera foto lle tivésemos aplicado un contraste de -50, o seu rango sería a metade do oxiginal. O histograma é a metade de ancho, e cada columna contén os píxeles de duas columnas contiguas da posición orixinal.

b
b
b

Cun contraste de -33, o rango será de dous tercios, porque sacrificamos a terceira parte dos valores. O histograma en peine é característico deste tipo de compresións tonais, porque de cada tres grupos de píxeles, dous deles teñen que xuntarse.

b
b
b

Esta compresión do rango tonal tampouco é reversible se gardamos os cambios. Ao aplicar no resultado un contraste de +33, a imaxe terá un aspecto semellante ao do principio, mais a información orixinal non se recupera porque os grupos acumulados non se dan separado. O histograma delata as diferencias.

b
b
b

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►