Páxina de recursos

EFECTO BOLA DE CRISTAL

Trátase de simular que parte da imaxe está dentro dunha bola de cristal. Esta é a foto de partida:

... e este o resultado:

Todo o proceso está feito con recursos propios de PhotoShop, sen axuda de filtros "enlatados". Sobre todo porque neste tipo de efectos o resultado pode cambiar radicalmente dunha foto a outra, e hai que adaptarse ao que vai pedindo a imaxe. Este efecto concretamente foise pulindo pouco e pouco con bastantes probas, e tal como foi aplicado nesta foto pode amoldarse moi ben en moitas outras, sobre todo se se buscan con características semellantes: ten formas definidas, non ten grandes zonas despexadas nin luminosas, nin tampouco contrastes de zonas de luz moi acusados. Calquera desas cousas pode supór unha complicación.

O primeiro paso é facer unha selección co Marco elíptico. Trázase coa tecla Maiúsculas pulsada para que sexa exactamente circular.

Na paleta capas, cópiase noutra capa, pulsando co botón secundario do rato e indicando a opción Capa vía copiar. Bloquéase a transparencia de capa no símbolo que hai na paleta (ocultamos la capa fondo para que se vexa)

O motivo de bloquear a transparencia é poder aplicar o filtro Distorsionar/Esferizar 100% de xeito que afecte exactamente ao que hai na selección circular. Aplicouse o filtro 2 veces.

Esta capa ponse en modo superpoñer e búscase unha opacidade que no exemplo foi de 90% pero podía ter sido menos.

A continuación duplícase esta capa nova e ponse a copia en modo Trama ao 50% de opacidade. Eu gosto tamén de ir ás opcións de fusión y facer isto:

porque esta capa quéroa só para reforzar un pouco os brillos (o triángulo negro sepárase coa tecla Alt pulsada).

E ben, se a esfera fose real reflectiría algo do exterior, pero estes datos normalmente non os temos na foto. Un apaño que pode resultar é isto: duplícase esta última capa, invírtese espacialmente co comando Edición / Transformar / rotar 180º, ponse en modo Aclarar e cunha opacidade baixa (neste caso 40%.)

Para rematar, e porque o pedía a foto, para destacar un pouquiño máis a bola, Seleccionouse o contido dunha das capas (faise clic no seu nome na paleta capas coa tecla Ctrl pulsada), e logo na capa fondo, suavizouse a selección cun calado dun par de píxeles. Invertiuse logo a selección (Ctrl+Mai+I) e escureceuse un pouco a zona exterior (con Curvas ou Niveis)