PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►


SOLUCIÓNS PRÁCTICAS: ADAPTAR FOTOS A PERSPECTIVAS E CILINDROS

Con mecanismos e métodos semellantes aos que nos teñen axudado a correxir perspectivas non desexadas e outras deformacións, veremos nesta ocasión algúns exemplos típicos de cómo simular con Photoshop a adaptación dunha imaxe fotográfica plana a diferentes tipos de superficie, propios de figuras volumétricas: caras de prismas vistas en perspectiva e superficies cilíndricas.

s Ademáis dos casos que imos descreber, non sería difícil, xogando coas mesmas ideas, facer que as imaxes se vexan como se as pegásemos noutro tipo de superficies escalonadas, onduladas, cónicas ou mesmo esféricas, se combinamos outros recursos como poden ser os filtros Esferizar e Licuar.

Adaptar a foto a un plano en perspectiva
Unha das aplicacións máis frecuentes da ferramenta Transformar, e máis concretamente da opción Distorsionar, é a de adaptar a foto a un plano en perspectiva. No exemplo, imos empregar esta fotografía para poñela como portada dun DVD:

s

O DVD fotografiámolo nunha estantería con outros obxectos, logo de darlle a volta ao papel da carátula.

s

Coas duas fotografías abertas no programa, situámonos na do barco, e dende a paleta Capas arrastrámola sobre a da estantería.

s

Unha vez superpostas, accedemos a Transformación libre pulsando Control+T. Aparecen entón os nodos para a sua manipulación.

s

Pulsando no interior do rectángulo de nodos co botón secundario, escollemos a opción Distorsionar.

s

Isto vainos permitir mover de xeito libre e independente cada un dos catro nodos de esquiña, que iremos facendo coincidir coa cara anterior do DVD.

Para máis precisión ou comodidade, podemos en calquera intre regular o nivel de zoom con Control e as teclas + e -, ou desprazar a vista pulsando a barra espaciadora e arrastrando o rato. Tamén se pode ocultar o rectángulo cos nodos empregando a combinación Control+H, sabendo que segue activo e que os nodos a mover están nas esquiñas da imaxe do barco.

s

Unha vez teñamos situado correctamente os catro nodos, pulsamos Intro para executar a transformación. Co mesmo procedemento, colocamos no lombo do DVD unha tira vertical tomada da mesma foto, dende o seu bordo esquerdo, e volteada horizontalmente na propia transformación. Deste xeito conseguimos que case ben coa primeira capa.

s

Para integrar mellor a montaxe, combinamos ambas as duas capas superpostas (menú Capa>Combinar con anterior, ou ben Control+E). Despois poñemos a capa resultante no modo multiplicar, e nas opcións de fusión aplicamos os seguintes parámetros para que o brillo do canto do DVD asome dende a capa do fondo.

s

O resultado, unha vez acoplada a imaxe, é éste:

s

Adaptar a foto a un cilindro
Poñer etiquetas en botellas, latas de conserva ou tarros de cristal é outro exercicio clásico. Neste caso, fixemos un doce de membrillo e queremos pegarlle unhas etiquetas ao tarro.

s

Buscamos unha imaxe co froito do membrillo e superpoñemos un texto.

s

O mesmo que no exemplo anterior, levamos a imaxe da etiqueta á foto do tarro.

s

Accedemos a Transformación libre pulsando Control+T, e estiramos a etiqueta cos nodos laterais, preocupándonos somente de colocar as catro esquiñas.

s

Chegados a este punto, podemos optar por dous métodos distintos. Probaremos primeiro o filtro Distorsionar>Proxectar. Como só actúa horizontalmente, rotamos para comezar toda a imaxe 90 grados á dereita. No cadro do filtro, facemos entón unha curva cara a esquerda.

s

Este método é moi sinxelo e rápido. Pero apresenta o inconveniente de que somente vemos a capa da etiqueta mentras trazamos a curva, polo que temos que manexalo un pouco a ollo. Ao executar o filtro, vemos a imaxe así:

s

Rotándoa agora 90 graos á esquerda, acadaremos o resultado, que non é de todo satisfactorio polas limitacións da curva.

s
Resultado co filtro Proxectar

Un segundo método consiste en colocar as esquiñas como antes, pero pulsando logo no interior do rectángulo de nodos co botón secundario e activando a opción Deformar.

s

Móvense os catro tiradores que marcamos en vermello, coa vantaxe de que estamos mirando o fondo ao que temos que acoplar a etiqueta. Tirando deles cara abaixo e tamén un pouco cara os lados, separándoos, conseguimos ampliar a zona media, de xeito máis coherente co que é unha superficie cilíndrica.

Tamén podemos empurrar as liñas horizontais intermedias, para acadar unha mellor adaptación do texto.

s
Resultado coa opción Deformar.

Finalmente, voltamos á foto da etiqueta, na que facemos unha selección circular: cun marco de selección elíptico e pulsando a tecla Maiúsculas, arrastramos co rato dende unha esquiña até a oposta.

s

Copiamos o fragmento seleccionado e pegámolo como capa na foto do tarro. Activamos Transformación libre (Control+T), e adaptámola á tapa, movendo só os nodos laterais e centrais.

s

Un par de pinceladas coas ferramentas Subexpoñer e Sobreexpoñer para acentuar o volume ou o brillo, e xa temos o traballo feito.

s
Resultado con Deformar e Transformación libre.

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►