Páxina de recursos
Versión orixinal publicada en quesabesde.com © >>

ACCIÓNS: O PILOTO AUTOMÁTICO

O tratamento da imaxe dixital é, en xeral, unha tarefa grata e interesante. Mais como todas as cousas, ten unha proporción de traballo repetitivo que non é criativo e pode chegar a ser agotador. Entre as cousas que máis lle agradecemos aos programas está o poder abreviar aquilo que facemos de xeito rutinario e resolvelo nun simples comando. É como o xenio da lámpada, aínda que éste está disponible sempre que o chamamos e non se esfuma coa terceira petición.

Na maioría dos programas que dispoñen da posibilidade de memorizar unha secuencia de comandos, a maneira de facelo é simular o manexo dunha gravadora. O proceso, deste xeito, faise sinxelo para calquiera usuario.

A xestión de accións en Photoshop está moi avanzada. Así, podemos gravar unha secuencia, darlle un nome, asignarlle unha tecla de función ou un atallo de teclado, convertila en "droplet", gardala nun arquivo, compartila, aumentar, suprimir ou modificar algún dos pasos posteriormente, duplicala para facer variantes, executala total ou parcialmente, etc.

Aceptando, logo, que a idea é sinxela e as posibilidades moitas, veremos que aprender a gravar e usar accións é moi aconsellable. O único que hai que entender para non ter problemas é que non todos os comandos dun programa poden ser gravados e que moitos dos que si se poden incorporar a unha acción o mesmo non funcionan ou dan resultados imprevistos se se executan logo en imaxes con características diferentes.

Concretamente, o distinto tamaño en píxeles, profundidade de bits, estructura de capas ou tamaño das fontes de texto poden ocasionar problemas con determinados comandos, aínda que case todo ten solución.

Algunha que outra vez, a causa é que os parámetros dun comando ou ferramenta varían ao evolucionar o programa, ou que a versión está en diferente idioma e non coinciden os nomes das capas que se fan automáticamente. A solución é reescreber os pasos problemáticos coa nova versión.

Xestionar accións
Os que manexamos accións adoitamos facer moitas, mesmo algunhas para ocasións puntuais, como igualar fotos para unha orla, un libro ou un folleto, por exemplo. Por esta razón, deben organizarse en grupos. A xestión de grupos e accións é tan sinxela como a do explorador de Windows. Podemos por exemplo arrastrar unha acción dun grupo a outro.

En Photoshop, os grupos de accións poden gardarse como arquivo coa extensión ATN. Mesmo se queremos gardar só unha acción, teremos que facer un grupo específico para ela.

Hai que avisar de que as accións ou grupos que fagamos incorpóranse á paleta e estarán disponibles no programa, pero non se gardan por defecto como un arquivo independente. Para isto hai que empregar os comandos do menú que se desprega co triángulo negro da dereita, na paleta:

Lista de comandos despregable na paleta Accións de Photoshop.

Vexamos a última sección, que xestiona os grupos, comezando polo final:

Gardar accións crea o arquivo ATN, que se guarda por defecto na subcarpeta Axustes preestablecidos\Accións de Photoshop. Alí buscaremos o arquivo se queremos mandarllo a alguén.

Cargar accións permite incorporar á paleta un grupo gardado nun arquivo. Cando recibimos de alguén un grupo de accións, debemos gardarlo na subcarpeta do programa (ou en calquera outra), e incorporalo con este comando. Outra maneira máis sinxela é facer doble clic no arquivo ou activalo pulsando Abrir con... Daquela Photoshop ábrese e carga o grupo automáticamente.

Restaurar accións carga o paquete de accións por defecto do programa e elimina da paleta o resto dos grupos.

Sustituir accións elimina da paleta o grupo seleccionado mentras carga outro grupo que lle indiquemos.

Borrar todas as accións deixa a paleta valeira. Advirtamos que tanto o símbolo papeleira como calquera destes tres últimos comandos, ao eliminar os grupos na paleta, borran realmente as accións que teñamos feito se non as gardáramos como archivo ATN co primeiro comando. Os arquivos ATN non se borran, permanecen disponibles para cargar.

Paleta Accións en Photoshop. A: grupo pregado; B: grupo despregado; C: accións pregadas; D: símbolos de parada (stop), gravación (rec), execución (play), grupo novo, acción nova e papeleira.

Gravar accións
Pulsando o símbolo de Acción nova, pídesenos un nome para a acción e Photoshop comeza a memorizar todo o que teñamos ate pulsar stop.
As accións para gardar versións de fotos como as que se ven na imaxe anterior son de uso frecuente e adecuadas para aprender a gravar, porque son moi sinxelas.

Cando proceso fotos e xa as teño axustadas ao meu gosto, gárdoas como máster en TIF. Entón, executo a acción 10D15x10 naquelas que me interesa levar a revelar a este tamaño, e a acción 10Dpantalla, que me fai unha versión a un tamaño en píxeles adecuado para xuntar a un correo, expoñer nun foro ou incorporar a unha presentación para pantalla.

Vexamos unha acción despregada:

Pasos despregados dunha acción.

Esta acción é a mesma que 10Dpantalla, pero para as fotos tomadas en vertical que quero gardar para visionado. As versións master e as que gardo para imprimir sempre as deixo deitadas, xa que resulta menos complexo para levar a revelar.

Vemos que a acción consta de cinco pasos sinxelos: rotación; limitación do tamaño vertical a 590 píxeles; conversión ao espacio sRGB, xa que o máster normalmente está en AdobeRGB; gardar en JPG porque é para pantalla e para a rede, e pechar.

Cando se usa despois a acción, poida que interese non pechar a imaxe, se queremos por exemplo voltar atrás na paleta Historia e gardar outra versión con outra acción diferente. Chegaría con desactivar a marca do último paso (A). A acción pararía ahí.

Un consello útil é deixar a posibilidade de matizar o resultado dunha acción, mirando ben qué operación debe ser a derradeira do proceso. Os autores dalgunhas accións moi populares que circulan pola rede teñen o detalle de iniciar a acción duplicando a capa da imaxe e rematar acoplando esta capa co fondo. Así, se a probamos e o resultado nos resulta un pouco forte, só temos que pulsar Ctrl + Z e baixar a opacidade da capa superior antes de acoplala, o mesmo que faríamos co comando transición logo dun filtrado. Poderíamos mesmo eliminar a capa se o resultado non nos convence en absoluto.

Outras veces, por desgracia, non se tivo isto en conta e aplicamos unha acción que non queríamos, e que ademáis sobrepasou o número de pasos de historia que podemos retroceder (20, por defecto). Nestes casos, só nos queda recargar a imaxe, perdendo o que tiñamos modificado antes de usar a acción.

Pódese prever este problema duplicando a imaxe antes de probar unha acción nova. Por parte do autor da acción, o primeiro paso a gravar pode ser precisamente duplicar o documento ou, cando menos, tomar unha instantánea que ficará na paleta Historia e á que o usuario poderá retroceder.

Editar un paso do proceso
A acción antes citada é a que emprego cada vez que proceso unha sesión co meu conversor RAW e o meu programa de retoque habituais, pero preciso decirlle en qué carpeta se garda a versión, porque en cada sesión é unha diferente. Para gardar a primeira foto marco a casiña Conmutar cadro de diálogo (B). Así aparece na paleta:

Conmutar cadro de diálogo activado para o comando Gardar.

Isto fai que no intre de gardar apareza o cuadro de diálogo do comando Gardar como. Entón cancelo o cadro e fago doble clic no paso Gardar da acción para regrabalo. Daquela indícolle a nova carpeta de destiño, que podo criar nese momento. Logo párase a gravación, vólvese desactivar a casiña e xa está todo listo para o resto da sesión.

Os comandos dunha acción poden reordenarse arrastrándoos, aínda que sempre con lóxica. Unha remostraxe seguida dun desenfoque gaussiano con radio de 3 píxeles non produce o mesmo resultado se invertemos a orde. Tamén se pode, cos mesmos riscos, arrastrar un comando dunha acción a outra ou duplicalo se está pulsada a tecla Alt.

Revisar accións
O maior problema que se da ao xerar accións é que non aseguramos que funcionen sempre. Cando acabamos de facer una, é moi conveniente probala con outras imaxes. Se sucede algo extrano, o primeiro é revisala paso por paso. O truco consiste en despregar a acción para ver a lista de comandos, situarse no primeiro comando seleccionándoo e pulsar a tecla Control mentras se da a orde de execución. Así actívase só un paso cada vez que pulsemos o símbolo Play.

Localizado o problema, vólvese grabar o comando defectuoso ou elimínase e sustitúese. Para insertar novos movementos dentro dunha acción, situámonos no comando inmediatamente anterior e pulsamos o símbolo Gravación. Se nos situamos no último paso existente, os novos comandos engádense ao final.

Os fallos máis frecuentes débense ao emprego de diferentes unidades espaciais: centímetros, milímetros, polegadas, puntos, píxeles, etc. En xeral, soluciónanse establecendo as unidades en porcentaxes. É máis, cando se van gravar accións é mellor cambiar as unidades primeiro nas preferencias do programa.
Se o facemos, nas clásicas accións de marco con sinatura poderemos aumentar o fondo proporcionalmente á imaxe e establecer do mesmo xeito o punto de inserción dun texto. Se, ademáis, o tamaño do texto debe ir en proporción ao tamaño da imaxe, eu resolvo desta maneira:

Asignación dun tamaño en puntos á imaxe.

Cando gravo a acción, antes de inserir o texto, uso o comando Tamaño de imaxe e coa casiña Remostrar desactivada establezo as unidades en puntos e asigno un tamaño concreto; 100, por exemplo. Como despois o tamaño do texto se anota en puntos, vaise ejecutar sempre na mesma proporción.

Quixera comentar, para rematar, que unha das ocurrencias das que estou máis satisfecho ten que ver precisamente coas accións.

O caso é que un bon día un amigo envioume por correo electrónico unha foto con graves problemas que precisaba arranxar con urxencia. Pesaba menos de 2 MB porque se fixera a toma en JPG e con 6 megapíxeles, pero non queríamos volver a comprimila, e facer un arquivo TIF significaba subir a 18 MB.

Logo dunhas probas tiven claro o proceso a seguir. Entón graveino desde o principio como unha acción e iso foi o que lle devolvín: un arquivo ATN duns 35 Kb, para que arranxase a súa fotografía.